ACOE Inicio HISTORIA DA ACOE. A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie de grandes superficies moi preto de nós.Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que actualmente representa esta asociación. A día de hoxe, esta iniciativa engloba aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar e reorganizar o comercio existente.Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano 2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector Comercial Retallista de Galicia.A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas é necesario realizar un esforzo común.Pode porse en contacto con nos no numero de telefono 607 165 928. Estamos en A Estrada - Pontevedra. email: info@acoe.es, www.acoe.es Acoe.es~Site InfoWhoisTrace RouteRBL Check